Inicio Interese Homenaxe a Padre Feijoo

Homenaxe no seu pobo de Outoumuro ao Padre Manuel Fejoo

  • by Admin
  • Outubro, 2016

A localidade de Outomuro, en Cartelle, acollerá o sábado día 15 de Outubro unha homenaxe ao compositor e frade franciscano Manuel Frade Feijoo , con motivo do vixésimo cuarto aniversario da sua morte. 

Veciños, integrantes da Asociación de Exorfeonistas, amigos do Padre Manuel Feijoo Sousa chegados desde diferentes puntos da xeografía galega, así como de Salamanca, Elche ou Zamora, e tamén exalumnos do seminario franciscano de Herbón, no que foi profesor, desprazaranse ata o municipio nadal de Feijoo Sousa para participar ás 13.00 horas nunha misa cantada no santuario de Nosa Señora do Mundil. Pola tarde, está previsto que se desenvolva un acto protocolario e un concerto no auditorio municipal que, desde ese día, levará o nome do frade franciscano.

Manuel Feijoo (Outomuro, 1926-Santiago, 1992) está considerado como un dos compositores máis sobranceiros da polifonía galega e en galego

Enlace: Biografía Padre Manuel Feijoo

+