Inicio Encontros Encontro anual 2018

Máis de cen exalumnos asisten o encontro anual 2018 en Herbón.

  • by Admin
  • Agosto 2018

Foi a 17 edición do Encontro Anual "Herbón na lembranza", a celebrada, o día 4 de Agosto.

Este encontro é unha data moi emotiva para todos os alumnos que permaneceron no Seminario Franciscano de Herbón desde 1892 ata 1994, no que se clausurou como tal.
En total, máis de 3.000, a maioría galegos pero tamén das provincias cercanas de Castela e León.
O encontro, o que asistiron máis de cen persoas, seguiu o guión previamente establecido pola comisión organizadora e que se iniciou con charla-conferencia do provincial dos franciscanos Frei José Antonio Castiñeira Chouza. O exalumno máis veterano, Elías Malvar Ogando (curso 1939), recibiu o Premio Esclavina de Prata 2018.
Tamén o exalumno José Luis Rivas Guisado presentou a segunda edición renovada do seu libro "Herbón na lembranza... na posguerra e o cambio", unha obra coral que recupera a memoria histórica e sentimental dos alumnos. Tras os tradicionais aperitivos na fonte de San Francisco, a comida de irmandade celebrouse no antigo comedor dos frades, comida que estivo amenizada por un grupo de gaiteiros, ambiente festivo que se viviu na veciña carballeira con motivo da celebración da Festa do Pomento de Herbón.

+