Máis dun cento de exalumnos, donas e amigos asistiron ao XVI Encontro anual de exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón , que tiveron a oportunidade de afondar no sentido primixenio da peregrinación xacobea en palabras do arcebispo de Santiago, monseñor Xulián Barrio.
O Premio Esclavina de Prata 2017, frei Xosé R. Carballo, lembrou os seus tempos de estudante en Herbón, Castroverde de Campos, Ponteareas, Santiago e Xerusalén, e reivindicou a vixencia dos valores franciscanos. O xantar, que rematou ca entrega de acreditacións a sete novos Cabaleiros Franciscanos, estivo amenizado cun grupo de gaiteiros.
O arcebispo de Compostela, quen impartiu unha conferencia sobre o sentido primixenio da peregrinación xacobea, defendeu que a meta “é a fe”, sen distinción de relixións, tal e como no seu tempo interpretaba xa San Francisco de Asís. Monseñor Barrio, quen fixo un percorrido histórico polos once séculos de peregrinacións, abserva cambios “nas formas, pero non no fondo na busca constante da trascendencia”, fronte a outras formas de peregrinar, como poderían ser as diferentes modalidades culturais, comezando polo turismo sendeirista.
Pola súa banda, o presidente da comisión organizadora dos Encontros, Xoán Manuel Carpintero, glosou os merecementos de frei Xosé Rodríguez Carballo para ser elixido polos exalumnos como merecente do Premio Esclavina de Prata 2017. “Por ser un exalumno exemplar, sempre ao servizo da Orde Franciscana, da Igrexa e dos seus compañeiros de Herbón”, proclamou.
Carpintero recordóu aos premiados en anos anteriores: Rogelio González Escaleira, frei Henrique Roberto Lista, Ricardo Seguín e Donoso Valdivieso, todos eles merecentes “por divulgar e/ou practicar os valores franciscanos”. No caso do galardonado deste ano, dixo que frei Xosé Carballo “sempre foi un devoto de Herbón porque, segundo el, ‘Herbón sempre terá un curruncho moi querido no meu corazón’ e, ademáis, por defender activamente que “frades e laicos seguímos a considerar todos franciscanos”.
Frei Xosé, despois de agradecer o premio, lembrou os seus anos de formación en Castroverde de Campos, Herbón, Ponteareas, Santiago e Xerusalén. Destacou o contraste do seu Lodoselo natal (Ourense) co clima crú de Castroverde e a alimentación deficiente, aínda que gabou o agarimo de frei Salvador Baltar. Unha situación que tamén se repetiu en Herbón e da que aprendeu “moitas leccións, sobre todo a disciplina da distribución do tempo”.
“Sempre adiante”, animou aos concurrintes recordando unha frase de sona de frei Junípero Serra cando misionaba por California adiante. Monseñor Carballo amosou a súa vontade de seguir perseverando “na fraternidade, como vós facedes agora con estes encontros, que serven para manter vivos os valores franciscanos”.
Xa ao remate do xantar, o presidente dos Encontros chamou aos novos Cabaleiros Franciscanos, que recibiron os seus títulos de mans de frei Xosé Carballo: Xullo Álvarez Mosquera, Xosé M. Jiménez Parafita, Xosé E. Rodríguez Carracedo, Federico Rodríguez, Xoán Xosé Sánchez Primo, Abel Delfín Vega García e Abel Vega Vega.
Despois da actuación dunha banda de gaitas, o encontro rematou cantando o himno “Volver a Herbón”.