Un ano máis, os exalumnos do Seminario Franciscano de Herbón celebrarán o seu Xantar de Irmandade de Nadal, que nesta ocasión está programado para o día 17 de Decembro, domingo,en Herbón.
Os actos previstos comezarán ás 13:00 horas coa celebración dunha misa presidida por Frei Enrique R. Lista e cantada pola Schola Cantorum Herbonensis, integrada por exalumnos.
Despois duns aperitivos, servirase o Xantar de Irmandade no comedor da comunidade franciscana.
O menú está composto por:
-Navallas da ría.
-Polbo con ameixas
-Xarrete de tenrreira ao "Xeito de Pilar", con patacas da terra e guarnición
-Postre: cañas de crema pasteleira
-Albariño branco e mencía
-Café e chupitos
O prezo do xantar é de 35 euros por persoa.
Para anotarse é preciso comunicarllo previamente o organizador Xoán Manuel Carpintero Rama (carpinterortv@activagalicia.com).