Inicio Interese A pintora Raquel Clemente

A pintora Raquel Clemente exhibe en Madrid as Ilustracións do libro "Herbón na Lembranza".

  • by Admin
  • Decembro 2017

Raquel Clemente Rubio, a pintora autora das ilustracións do libro de José Luis Rivas Guisado "Herbón na lembranza", exhibe estos días en Madrid as dez ilustacións que constan no libro, acompañadas do seu correspondente texto.

Esta mostra, que se inaugurou o pasado 29 de Novembro na Sala Ballesol Mirasierr, permanecerá aberta ata despois de Reis e expón as suas obras orixinais realizadas expresamente para complementar graficamente o libro, que recupera a memoria histórica do Seminario Franciscano nunha época clave (1947-1951).

Un volumen de cerca de medio millar de páxinas, na que o exalumno José Luis Rivas Guisado relata non só a súa experiencia persoal en Herbón, senon tamén, numerosos testimonios de exalumnos.

Natural de Madrid, Raquel Clemente Rubio, é licencida en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid (UCM), donde sigueu cursos de doctorado.
Graduada en Artes do libro pola "Escuela de Artes Aplicadas y Oficios Artísticos de Madrid", seguiu estudos de pintura co profesor Eduardo Pena e conta cun aplísimo currículo de exposicións individuais e colectivas e premios. A súa obra está presente en numerosos museos e coleccións públicas e mereceu a atención da crítica especializada a través de abundantes reseñas en publicacións, libros e catálogos de exposicións artísticas.
Segundo a revista especializada Revistart, "a obra de Raquel Clemente é un diálogo constante entre mitoloxía, personaxes de contos e lendas, personaxes soñados e cidades antigas e presentes". Neste contexto enmárcase o seu retablo San Francisco ante o Apóstolo que se atopa na Igrexa de San Francisco de Santiago de Compostela. Unha obra integrada por tres cadros que representan, a parte superior, o emblema franciscano, a central, dedicada a San Francisco, como peregrino, no entón VII Centenario da súa vinda a Compostela, e a inferior, a predela, representando ao arcebispo monseñor Carballo, outrora xeral dos franciscanos, cun grupo de frades iniciando a peregrinación de Asís a Santiago de Compostela.

+