Convocamos aos exalumnos do colexio de San Antonio de Herbón, á asemblea xeral que se celebrará o día 13 de xuño de 2022, no convento do PP. Franciscanos de Herbón.
Coincidindo coa celebración da festa de San Antonio, esperamos que a vosa presenza sexa masiva. Unha, para participar dos actos relixiosos de exaltación da festividade de San Antonio e outra, que non é menos importante, participar da asemblea da asociación.
Este ano cúmprense 4 anos de mandato desta directiva, polo que segundo os estatutos debemos convocar asemblea xeral para elixir nova directiva.
A partir do 1º de maio pódense presentar candidaturas co fin de renovar a directiva por outro catro anos. A composición destas candidaturas débense de enviar á dirección de correo electrónico juanramon.asafa@yahoo.com antes do día 8 de xuño de 2022.
Orde do día:
-En primeiro lugar, anunciaremos as candidaturas presentadas co
fin de renovar a directiva de ASAFA.
-Someteremos a votación as novas candidaturas presentadas.
-En caso de non presentar novas candidaturas someterase igualmente á
asemblea a continuidade da actual, incluíndo as baixas solicitadas
formalmente que serán substituídas por outros membros de consenso.
-Presentaremos o estado de contas. Someteremos estas a votación.
-Rogos e preguntas
Att: o secretario, Juán Ramón Martinez Veciño