Os exalumnos do colexio franciscano de Herbón, celebraron a súa convivencia anual na cidade de Ponferrada o 14 de maio de 2022.
Os compañeiros vindos de distintos lugares da xeografía española foron recibidos polos delegados para esta ocasión no aparcamento do albergue de peregrinos San Nicolás. Cara ás 11,30 h. todos os reunidos neste punto foron acompañados ata o convento da Purísima Concepción (Irmás Concepcionistas Franciscanas) onde celebramos unha misa presidida polo Pai Miguel de la Mata, superior da comunidade de Santiago de Compostela, sendo acompañado polo Pai Francisco Antonio Honrubia. Nesta misa participou o coro dos exalumnos Schola Cantorum.
Ao remate da celebración interveu o presidente da asociación dando a benvida a todos os que se desprazaron a Ponferrada para compartir esta convivencia de irmandade e agradecendo a presenza dos celebrantes, a acollida por parte da comunidade das Irmás Concepcionistas e aos irmáns en xeral ademais do público que nos acompañou nesta celebración.
Acto seguido pasamos á entraga daesclavina de prata, que nesta ocasión recae no noso compañeiro Domingo Barreiro como irmán máis destacado pola súa entrega desinteresada en beneficio da asociación ASAFA. Entrega a esclavina o Pai Miguel de la Mata, a bandexa de prata Rogelio, a insígnea de prata Granxa e unha réplica do castelo de Ponferrada xunto cun libro destacando os lugares máis emblemáticos do Bierzo entregado por Juan Ramón ao homenaxeado e aos celebrantes.
Hai que destacar que despois dos actos na igrexa, as Irmás Concepcionistas tíñannos preparado un ágape para compartir dentro das dependencias conventuales. Todo un éxito de irmandade franciscana que agradecemos con todo o noso corazón.
Sobre as 14,15 horas desprazámonos ao restaurante a Casa do Botillo o onde compartimos un menú de calidade entre todos os asistentes, exalumnos de Herbón. Con familiaridade e simpatía entre todos.
Durante as sobremesas entoáronse cancións do reportorio dos exalumnos, sorteáronse algunhas botellas de diferentes viños do colleiteiro Rogelio e finalizouse cantando o Volver a Herbón.
No apartado de fotografía atopardes as fotos da Convivencia en Ponferrada 2022.