Inicio Novas San Antonio 2022

Xuntanza dos exalumnos en honor a San Antonio de Herbón.

  • by Admin
  • Xuño, 2022

O Luns 13 de Xuño celebrouse a xuntanza anual dos exalumnos en honor a San Antonio de Herbón.

O Luns 13 de Xuño foi a tradicional festa-romaría do Santo Antonio, patrón do convento e seminario. Os actos comezaron ás 12:00 horas coa misa solemne cantada pola Schola Cantorum seguida da procesión, aperitivos e xantar de irmandade no refectorio dos exalumnos.

Aproximadamente a xuntanza foi dun centenar de compañeiros, nos cales, como de a cotío, contáronse anécdotas e vivencias que pasaron no convento, pero sobre todo, cantáronse cancións que os levaron a recordar o tempo que pasaron entre os muros dese tan queridísimo Convento.

Como sempre, as únicas verbas que se escoitaban nesas mesas, eran sobre todo de agradecemento e agarimo por todos eses anos que compartiron lugar e educación.Xa que, entre todos chegaron o punto de explicarlle as novas xeracións que os acompañan as reunión de exalumnos, que ainda que houbera momentos malos, nese querido convento prevalecen os bos, xa os frailes máis que educadores, foron familia.

Como sempre agradecen a todos aqueles que estuveron nas suas vidas, de xeración en xeración, acordándose como se fora onte.

Sempre estáran eternamente agradecidos tanto o Convento como a San Antonio.

A imaxes realizadas atoparedelas no apartado de galería.



Por outra banda, tamén se elixeu a nova directiva da Asociación Sociocultural Amigos de San Francisco de Asís: 1. Roberto Hermida Granja como presidente.
2.Juan David Martínez Fernandez como vicepresidente.
3.Juan Ramón Martínez Vecino como secretario.
4.Alejandro Chamadoira Álvarez como tesoreiro.
4.José Castro Ratón como vocal.
4.Idelfonso Castro Negro como vocal.
4.Antonio Vieiro Díz como vocal.
4.Valdomero García Boto como vocal.

+