Inicio Scriptorium Publicacións Manuel A. Sanabria

Publicacións Manuel A. Sanabria

  • by Admin
  • Xullo 2021

Na etapa final do reinado do rei Herodes, chegan aos capital rumores inquietantes que poñen en dúbida os seus plans sucesorios. Tras a súa morte, o reino cambaléase e convulsiona. Aproveitando o baleiro de poder, distintas faccións xudías logran posicións vantaxosas tomando pequenos acuartelamentos romanos e instaurando unha nova orde política e social. A vida nas aldeas de Galilea transcorre con aparente normalidade e calma, mentres os seus poboadores traballan duro para poder subsistir. Tras un tempo de espera intervén Roma, que recupera o poder e restablece o seu dominio. Yeshua é un raparigo dunha aldea galilea que crece no medio deste ambiente confuso e tensionado do que oe falar. Máis tarde, baixo a nova orde imperial, tocaralle traballar, formarse, contemplar situacións e vivir experiencias que marcarán a súa vida e enfilarán o seu destino con aspiracións cara a un novo reino.

Booktrailer en Youtube
Editorial Adarve
Dispoñible nas páxinas web tanto das editoriais tanto Adarve como CCS, en Amazon, no Corte Inglés de Santiago de Compostela e en outras tantas librarías da cidade.

+